24 mar 2017

Ollo ao refrán!

Aproveitando a posta en marcha no noso centro do Proxecto Meteoescolas, propuxemos ao alumnado e ás súas familias a busca e aportación de un ou varios refráns ou ditos relacionados co tempo. Poderían estar escritos a man ou a ordenador nun folio. A lingua empregada sería o galego. Posteriormente, os nenos e nenas adornaríanos con ilustracións e pasarían a formar parte dunha exposición
Pois ben, xa os temos connosco adornando a entrada do colexio, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Meteoroloxía (23 de marzo). Observade!


Máis preto...




No seguinte vídeo mostrámosvos cada un destes refráns e ditos:




Fermoso! 
GRAZAS E ATA OUTRA!

10 mar 2017

Exposición: "A arte no inverno"

Xa temos aquí as obras de inverno! Os alumnos e alumnas de infantil e primaria animáronse a participar nesta actividade coa recreación dunha obra de arte relacionada co inverno:

Educación Infantil

4º: "As estacións, inverno" de SALVADOR DALÍ
5º: "Inverno, os globos" de JORDANKA YARETZ
6º: "Paisaxe de inverno" de KANDINSKY

Educación Primaria

3º A e B: "Davos en inverno"/ "Davos na neve" de ERNST LUDWIG KIRCHNER
4º: "Can tombado na neve" de FRANZ MARC
5º A: "Desxeo en Egersburg" de EDVAR MUNCH
6º: "Castiñeiro en Louveciennes" de CAMILLE PISSARRO

Con elas realizamos unha exposición na entrada do colexio. Este é o espectacular resultado:






ACERCÁMONOS...
                                       
6º EI: " Paisaxe de inverno" de Kandinsky
6º EP: "Castiñeiros en Louveciennes" de Camille Pissarro
3º A e B: "Davos en inverno" /"Davos na neve" de Ernst Ludwig Kirchner
4º EI: "As estacións, inverno" de Salvador Dalí
4º EP: "Can tomabo na neve" de Franz Marc
5º A: "Desxeo en Egersburg" de Edvar Munch


5º EI: "Inverno, os globos" de Jordanka Yarete








No seguinte vídeo observamos con máis detalle estas obras de arte:



GRAZAS A TODOS OS QUE PARTICIPASTES!

DÍA DA MULLER TRABALLADORA - 8 de marzo

O 8 de marzo celebramos no noso colexio o DÍA DA MULLER TRABALLADORA. Realizamos murais e carteis con información importante sobre esta festividade:
- Na entrada do colexio colocouse un mural e adornouse a árbore.


As letras de "DÍA DA MULLER" foron elaboradas con recortes de revista de caras de distintas mulleres. As follas que compoñen a árbore levaban escritas frases agradecidas e motivadoras ao traballo realizado polas mulleres así en referencia á súa importancia, respecto, valor e IGUALDADE na sociedade.


A árbore da entrada quedou fermosa cos traballos realizados polos nenos e nenas do cole relacionados con este día. Observade!


- Tamén se fixo outro mural. A árbore nel debuxada contaba cunhas follas dedicadas a mulleres que fixeron e fan historia:


Con máis detalle:


1 mar 2017

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO- 24 de febreiro de 2017

Para conmemorar este día, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co Equipo da Biblioteca, co de Voz Natura e co de Meteoescolas invitou ao alumnado a participar nun CONCURSO DE POESÍA
En relación co programa Meteoescolas que se pon en marcha no centro, este ano optamos por disfrazarnos no Entroido de fenómenos meteorolóxicos! Igualmente, decidimos que  as poesías para celebrar o día de Rosalía, versaran sobre o mesmo:
- Os nenos/as de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria poderían copiar e ilustrar unha.
- Os cativos/as dos demais cursos inventarían unha poesía

Os traballos terían que estar escritos en GALEGO.
Das poesías realizadas, seleccionáronse algunhas para ler o día de celebración do Entroido no cole: 24 de febreiro. Poderedes observalas no seguinte vídeo:



SODES UNS POETAS!



Deixámosvos aquí uns poemas cantados de Rosalía de Castro:






Se queredes coñecer a vida e obra de Rosalía clicade no seguinte enlace: http://centros.edu.xunta.es/ceppilarmaestu/webantiga/normaliz/rosalia/rosalia_vida.htm

DÍA DE ROSALÍA

#RosalíaTe é unha iniciativa promovida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a cal ten por finalidade enaltecer a figura e obra de Rosalía de Castro cada 24 de febreiro (día do nacemento da escritora). 

Este ano o alumnado de 6º de primaria participou na actividade proposta, que consistiu na realización dunha máscara coa cara de Rosalía; logo fotografáronse con ela acompañados dalgún familiar, e sostendo un cartel con versos de Rosalía escollidos por cada alumno/a.




Para conmemorar o Día de Rosalía os nenos e nenas de infantil realizaron murais con imaxes de Rosalía en Pop Art:


4º EDUCACIÓN INFANTIL



5º EDUCACIÓN INFANTIL


6º EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de 6º de EI tamén traballou na aula unha poesía de Rosalía: