28 ene 2016

      

30 DE XANEIRO

DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ


Ao longo da semana do 25 ao 29 de xaneiro conmemoramos no centro o día da Paz. Nunha reunión previa con todo o profesorado decídese, de entre moitas propostas, que este ano imos facer de forma conxunta un gran panel decorativo para a entrada do colexio con símbolos propios da paz. Para rematar a decoración poremos tres bolas grandes de cor azul colgadas do teito, decoradas con debuxos alusivos a paz e feitos por todo o alumnado. Como parte da celebración ademais imos traballar con dúas cancións promotoras da paz, que serán cantadas por todos os alumnos no patio do colexio o día 29 de xaneiro.  A primeira canción é do grupo JUANES, titúlase PAZ, PAZ, PAZ. A segunda, EL ROCK DE LA PAZ.


O equipo de dinamización da Lingua plantexa facer un mural decorativo para os corredores do colexio. Pensamos nunha mensaxe clara e directa que ademais incluise símbolos de paz. Así foi como nós quedou.





Tal e como facemos sempre, facilitamos no blogue de Galego enlaces web sobre recursos e actividades para traballar sobre a PAZ:

  • PROPOSTAS DIDÁTICAS
  • CONTOS PARA A PAZ
  • PÁXINAS CON RECURSOS
  • PRESENTACIÓNS
  • XOGOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS
  • DEBUXOS E MANUALIDADES SOBRE A PAZ 
  • OUTROS RECURSOS
 PREME NAS IMAXES


https://sites.google.com/site/dereitoshumanospaztransversais/Home/pazhttp://www.edu.xunta.es/centros/ceipisaacperal/node/286 
http://atlasdossonhos.blogspot.com.es/2015/01/recursos-para-paz.html







8 ene 2016

 

Continuación, II EXPOSICIÓN FROITOS DO OUTONO

O día 18 de Decembro no acto fin de trimeste/ Festival de Nadal que se celebrou no salón de actos do centro fixemos entrega dos diplomas para aqueles alumnos/as premiados polo seu traballo no concurso: II EXPOSICIÓN FROITOS DO OUTONO. Coa entrega dos diplomas damos por rematada a actividade. Moitisímas grazas a todos/as pola vosa participación.


OS ALUMNOS/AS PREMIADOS FORON OS SEGUINTES:


  • O MELLOR COLLAR DO OUTONO: ISAMAR LAMELAS IGLESIAS

  • A CESTA MAÍS XEITOSA: ADRIÁN QUINTELA TOMÁS

  • A BONECA DO OUTONO: CANDELA LAMELAS IGLESIAS

  • A CABAZA MAÍS SIMPÁTICA: SARAY PÉREZ GONZÁLEZ

  • A CESTA MAÍS COMPLETA: AITOR LÓPEZ AMOSA

  • A CESTA MAÍS VARIADA DE CUGUMELOS: LAURA E YOEL LÓPEZ ESTÉVEZ

  • A CESTA MAÍS ELABORADIÑA: ANTÍA CONDE PÉREZ

  • AS CABAZAS PEREGRINAS: DAVID E ISMAEL ÁLVAREZ RODRÍGUEZ

  • A CABAZA VERDIÑA: NAIR ÁLVAREZ SOUSA

  • A CESTA ESPANTAPAXAROS: ARÓN JUNCO SÁNCHEZ

  • A CESTA MAÍS ATEIGADA: MARIO E CARLA TEIXEIRA FERNÁNDEZ

  • UNHA VIDE ENXEBRE: SOFÍA CARNERO GONZÁLEZ

  • OS RATÓNS DO OUTONO: NICOLÁS VÁZQUEZ RODRÍGUEZ

  • A FIGURA MAÍS ORIXINAL: XIANA CORDERÍ JARDÓN

  • A CESTA MAÍS FERMOSA: LUCÍA PAZ IGLESIAS

  • A CABAZA MAÍS PEQUERRECHA: MARCOS PRADA ZERQUERA

  • O MELLOR TÍTULO DA EXPOSICIÓN: ROSANA FERNÁNDEZ TORRES

  • O CARTEL MAÍS ORIXINAL: IRIA E PAULA MANZANARES CORTÓN