30 nov 2015

 

Dende o noso colexio lembramos a Xosé Neira Vilas.

Pai da novela galega social e popular comtemporánea. (PREME A IMAXE)


https://es.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Neira_Vilas


Na semana pasada, o día  27 de novembro todos os xornais informaban da triste nova; falecía na súa casa de Gres o escritor Xosé Neira Vilas, autor, entre outras moitas obras, do primeiro "best-seller" galego "Memorias dun neno labrego".
Esta obra considérase o inicio da literatura infantil e xuvenil en galego e ademáis de ser libro galego máis lido, máis veces editado é tamén dos máis traducidos en todo o mundo. 


Ademais de " Memorias dun neno Labrego", do que todo o mundo esta a falar por ser o máis coñecido do autor, escribiu outros moitos. Entre eles que, para min, non desmerece en nada o anterior: un libriño curto, con capítulos moi breves adicado a súa nai e no que se poden ver tódalas nais galegas. O seu título é " NAI".
Outro libro que tamén recomendamos e que nos toca cerca pola nosa profesión é "QUERIDO TOMÁS". É un monólogo dunha mestra nunha escola unitaria e tomás é un mozo que tivo na adolescencia e que tivo que emigrar. O libro fala da emigración, da crise do mundo rural, do ensino galego...