22 feb 2019

ENTROIDO 2019

Comezamos esta semana coa preparación do ENTROIDO, festa tradicional de gran arraigo en Galicia. Para iso no centro, ademais dos traballos que se realizarán en cada aula, facemos dúas actividades conxuntas: 
- O desfile de disfraces o vindeiro venres 1 de marzo que este ano terá como tema O BOSQUE ANIMADO, dado que no centro estamos a traballar, como xa sabedes, o proxecto anual integrado sobre os nosos bosques autóctonos o seu coidado e a súa conservación.
- As ordes do MECO que realizaremos ao longo da semana (os catro días previos ao desfile). 
E xa temos aquí os mandadiños do noso MECO que todos debemos procurar obedecer para que non se enfade connosco: 


31 ene 2019

DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ

Con motivo da celebración do DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ, no colexio realizamos distintos actos conxuntos, ademais das actividades que se traballaron nas distintas aulas. Destacamos aquí tres deles:
- A representación teatral da obra O BOSQUE DA PAZ, obra de Manuel Domínguez Gómez que unha das nosas compañeiras traduciu ao galego para a súa representación. Nesta obra destácanse valores como o respecto polo medio que nos rodea, os bosques e a natureza e a resolución dos conflitos dunha maneira pacífica. Enlazamos así co noso proxecto anual centrado no coidado dos nosos bosques autóctonos. 
MANIFESTO POLA PAZ, realizado polos nenos e nenas de 6º de primaria e que foi lido nun acto conxunto. 
QUE CHOVA A PAZ e a nosa ÁRBORE DA PAZ, murais con lemas alusivos ao desexo de paz no mundo, e chamadas á solidariedade, ao respecto polos demais e pola natureza.

Destacamos tamén un dos murales realizados polos pequenos e pequenas de 6º de infantil (5 anos):

9 dic 2018

19 sept 2018

LETRAS GALEGAS 2019

A REAL ACADEMIA GALEGA xa deu a coñecer o pasado mes de xullo o nome do escritor homenaxeado ao longo do ano 2019 como protagonista do DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este é o comunicado co que deu a coñecer que sería ANTÓN FRAGUAS o autor elexido:


Neste comunicado destacan do autor o seu amor polo estudo do territorio e da cultura galega e a súa defensa do galego como lingua de expresión válida en calquera campo do saber. 
Deixámosvos un enlace á citada páxina da REAL ACADEMIA GALEGA, cun resumo da súa vida e a súa obra:

21 jun 2018

REVISTA ESCOLAR: O FORMIGUEIRO

E xa temos aquí o último número da nosa revista escolar O FORMIGUEIRO. Nela podedes ver algunha das actividades que realizamos ao longo do curso e tamén algún dos traballos feitos polos alumnos e alumnas dos distintos cursos, tanto de infantil coma de primaria. 
Botádelle unha ollada e esperemos que vos guste!!

19 may 2018

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS - 2018

Este ano as LETRAS GALEGAS dedícanse a María Victoria Moreno.
O mércores 16 de maio tivo lugar no salón de actos do centro o festival das Letras Galegas. Estivo composto polas seguintes actuacións:
(facer clic enriba das imaxes para amplialas)

Educación Infantil
4º: canción e baile "A primavera"
5º: canción e baile "Esto báilase así"- Uxía Lambona
6º: obra de teatro "Paco Papán"

5º 
Educación Primaria
1º: baile da cantiga popular galega "Pousa, pousa"- A roda
2º: canción e baile "Móvete" - Paco Nogueiras
3ºA: recitado de poesía "Chirlo Merlo na figueira"- Darío Xohán Cabana
3º B: recitado "Adiós ríos, adiós fontes"- Rosalía de Castro/ "Rap da lingua"- Migallas
4º A/B: recitado "¿Un cachiño de bica?"- María Victoria Moreno/ obra de teatro "Un ladrón novato"
5º: canción e baile "Veña festa!"- Ana Kiro 
6º A/B: coa colaboración de Patricia (nai de Julia), realizouse a interpretaron con lingua de signos da canción "Meu o mundo é"/ recitado de poesías de Manuel María por parte de tres nenas de 6º.

1º 
2º 
3º A
3º B














3º B

















4º A/B
4º A/B
4º A/B










6º A/B


6º A















Presentadores











No seguinte vídeo móstranse imaxes das actuacións do festival:

4 may 2018

LETRAS GALEGAS - 2018

Imagen relacionada
Este ano a autora homenaxeada polo Día das Letras Galegas é María Victoria Moreno.

Dende o EDLG achegamos distintas ligazóns con recursos para traballar sobre a autora e o Día das Letras Galegas.

O Seminario Galán elabora e preséntanos material sobre María Victoria Moreno para infantil e primaria. 


ACTIVIDADES PARA IMPRIMIR
- Biografía de María Victoria Moreno

* Educación Infantil:




 * Educación Primaria:
1º e 2º
3º e 4º
5º e 6º

ACTIVIDADES EN LIÑA

* Educación Infantil:

* Educación Primaria:
Tamén poderedes atopar nesta páxina web un álbum de fotos da autora, carteis para organizar unha exposición mural sobre a súa obra, cuestionario, adaptación para teatro da súa obra "A festa no faiado"... A ligazón á páxina do Seminario Galán é a seguinte: Seminario Galán

OUTROS RECURSOS:

- Vídeo. CEIP Virxe do Camiño: https://www.youtube.com/watch?v=-Bqz4fKc2fI
- Vídeo. EDLG do CEIP Antonio Fernández López de Oural (Sarria). Canción con tres versións (nenos/as, mestre/a e instrumental) máis a letra da canción: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantoniofernandezlopez/
- Exposicións e materiais gañadores do Concurso-Exposición en homenaxe a María Victoria Moreno: http://www.lingua.gal/recursos/todos/_/equipos-dinamizacion/contido_0924/
- Biobibliografía: http://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-13799.pdf
- Paneis da exposición Paisaxes e Personaxes. / Cuadríptico da exposición Paisaxes e personaxes. María Victoria Moreno: http://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2018/contido_0038.html
- Telexornal biográfico sobre María Victoria Moreno. CEIP Antonio Fernández López: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantoniofernandezlopez/

27 abr 2018

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO - 2018

O 23 de abril é o Día Internacional do Libro. Para celebralo puxemos en macha no centro distintas actividades ao longo desta semana.
Continuamos, un ano máis, co denominado Apadriñamento lector: os nenos e nenas dos cursos superiores léronlles contos aos máis pequenos en diversos recunchos do recinto escolar. A actividade realizouse o luns 23 de abril.














Nesta semana, promovendo unha vez máis os encontros interxeracionais, contamos coa visita de familiares do alumnado de infantil (nais, avós...), quen lles leron a estes diferentes contos.
Tamén realizamos unha exposición de libros antigos na entrada do colexio. Observade:

23 mar 2018

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O 21 de marzo é o DÍA MUNDIAL DA POESÍA. Para festexalo, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Equipo da Biblioteca e o Equipo de Voz Natura, convocamos no centro un CONCURSO DE POESÍA
As poesías debían versar sobre oficios tradicionais do noso redor, seguindo o programa Auga, pedra, sabedoría e terra no que estamos inmersos.
O alumnado participou copiando e ilustrando poesías ou ben inventando unha nova.
As poesías foron pegadas nas paredes do corredor do colexio! 

No seguinte vídeo achegámonos a cada unha delas:


Grazas por participar

11 mar 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER - 2018

Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, decidimos realizar no centro unha investigación sobre distintas mulleres ao longo da historia. 
O alumnado indagou e plasmou a biografía da muller xunto con unha foto da mesma. Logo realizouse unha exposición conxunta na entrada do colexio.





     Máis preto...







As mulleres sobre as que se realizou a investigación son:
- Gloria Fuertes
- Clara Campoamor
- Susan Jocelyn Bell Burnell
- Irene González
- Charlotte Cooper
- Marie Curie
- María Pita
- Frida Kahlo
- Celia Rivas Casais
- Ann Makosinski
- Joaquina Fernández de la Vega
- Hedy Lamarr
- Sofía Casanova
- Olimpia Valencia López
- Emilia Pardo Bazán
- María Barbeito
- Concepción Arenal
- Ángeles Alvariño González
- Mary Temple Grandin

No seguinte vídeo achegámonos máis a cada unha destas mulleres:

Dentro das aulas leváronse a cabo diversas actividades polo Día da Muller Traballadora. Un exemplo delo é o mural realizado polo alumnado de 4º de Educación Infantil, titulado "As mulleres da miña vida!!!"